Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras de Chamartín obrigan a modificar o horario de varios trens en Galicia

As obras de Chamartín obrigan a modificar o horario de varios trens en Galicia

O MD entre Vigo-Urzáiz e A Coruña adianta a súa partida ás 6:15 horas

O media distancia A Coruña-Ferrol adianta a súa saída ás 6:31horas

O rexional O Carballiño-Ourense atrasa a súa saída ás 7:50 horas

G24.gal 07/04/2024 18:26 Última actualización 07/04/2024 22:26

Tres trens de media distancia que operan en Galicia modifican o seu horario a partir deste luns, 8 de abril, e ata o mes de xullo polas obras de ampliación da estación madrileña Chamartín-Clara Campoamor.

O tren MD 9072, entre Vigo-Urzáiz e A Coruña que saía ás 6:35 horas, adianta a súa partida ás 6:15. O Media Distancia A Coruña-Ferrol tamén adianta a súa saída das 6:37 horas ás 6:31. Ademais, o rexional O Carballiño-Ourense das 7:48 horas atrasa a súa saída ás 7:50 horas.

Ademais, Renfe reorganiza os servizos de tren que conectan Galicia con Madrid con modificacións horarias, aínda que o número de prazas mantense, asegura a operadora, coa circulación de trens en dobre composición.

Porá en circulación un servizo de autobús para conectar á primeira hora da mañá Zamora e Seabra, e con regreso á primeira hora da tarde.

No percorrido Madrid-Lugo, seguirá o transbordo por estrada entre Ourense e Monforte de Lemos ou Lugo (debido ao corte por obras na infraestrutura que estableceu Adif entre Monforte de Lemos e Ourense).

A clientela poderá enlazar en Ourense cos servizos comerciais establecidos para esas datas, que inclúe trens en dobre composición. Renfe explica que se trata dunha reestruturación temporal do servizo por motivo das obras na estación madrileña que se prolongará ata o mes de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade