Tres persoas, intoxicadas pola mala combustión dun quentador de gas en Carballo
Os intoxicados foron trasladadas ao centro de saúde, dúas delas en ambulancia e a restante nun dos vehículos da Policía Local

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns dez minutos antes das 23 horas do domingo, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou de que varios dos ocupantes dunha vivenda da rúa Anllóns, en Carballo, atopábanse indispostos.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron os Bombeiros e a Policía Local de Carballo e a Garda Civil, así como aos técnicos da empresa subministradora do gas
Unha vez no punto, o persoal sanitario encargouse do traslado das persoas afectadas, mentres que os equipos de emerxencias realizaron as tarefas de control e ventilación correspondentes.
Foron tres as persoas intoxicadas pola mala combustión dun quentador de gas. Todas foron trasladadas ao centro de saúde, dúas delas en ambulancia e a restante nun dos vehículos da Policía Local. Pola súa banda, os bombeiros confirmaron ao realizar as medicións correspondentes que se tratou dunha intoxicación por monóxido de carbono.