Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas feridas no estouro nun depósito de gas en Ourense

Dúas persoas feridas no estouro nun depósito de gas en Ourense

A explosión provocou un incendio nunha vivenda

Un dos feridos está ingresado en estado grave na unidade de queimados do CHUAC

G24.gal 20/03/2024 22:07 Última actualización 21/03/2024 12:37

Pouco antes das nove e media da noite do mércores, un forte estoupido alertou os veciños da zona da Finca da Marquesa que comunica os barrios ourensáns da Cuña e Barrocás, cerca da Universidade Laboral. 

Segundo as primeiras hipóteses, a explosión produciuse nun depósito de gas situado a uns metros da vivenda unifamiliar. Todo apunta a que uns operarios estiveron manipulando o tanque durante a tarde e foi soltando gas de xeito progresivo ata o momento da explosión, que causou un incendio nunha vivenda, en varios alpendres lindeiros e nun vehículo e tamén derrubou unha parede.

A peor parte levouna un home de 40 anos, que sufriu graves queimaduras e tivo que ser trasladado á unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). 

Ata a zona desprazáronse os bombeiros, que evitaron que o lume alcanzase outras casas, a policía local e a nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar