Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos, un grave, nun atropelo múltiple en Vigo

Catro feridos, un grave, nun atropelo múltiple en Vigo

O coche saíu da via e acabou esnafrándose contra a marquesiña do autobús

G24.gal 24/05/2023 15:50 Última actualización 24/05/2023 20:14

 

O atropelo múltiple foi na rúa Florida e a unha hora de moito tráfico. Por causas que se están investigando o condutor do turismo invadiu o carril contrario e bateu primeiro contra unha árbore e despois esnafrouse contra a marquesiña. 

O accidente puido ser máis grave. Había moitas persoas na parada do autobús. Fuxiron a tempo, ao final catro quedaron feridos. Os peor parados son a muller que o coche levou por diante que está en estado grave e o condutor que foi trasladado ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar