Tres mortos nun tiroteo durante un partido de hóckey nos EUA
Entre os falecidos están unha nena e o propio atacante
Outras tres persoas resultaron feridas
O agresor disparou contra membros da súa propia familia
REUTERS/CJ Gunther
Polo menos tres persoas morreron e outras tres resultaron feridas este luns nun tiroteo ocorrido durante un partido de hóckey nunha pista de xeo de Pawtucket, no estado de Rhode Island (EUA).
Entre os falecidos hai unha nena e o propio atacante, segundo informes de autoridades e medios locais.
CNN, que cita fontes policiais, indica que o suceso parece derivar dunha disputa doméstica, posto que o agresor disparou contra membros da súa propia familia.
O suceso tivo lugar na tarde deste luns durante un partido de hóckey entre equipos dun instituto que se celebraba na pista de xeo cuberta do Lynch Arena da localidade.
O gobernador de Rhode Island, Dan McKee, indicou en X que as autoridades están a investigar o tiroteo.
O Buró federal de Alcol, Tabaco e Armas está a asistir na investigación e desprazáronse ao estadio numerosos efectivos policiais.