Cargando resultados...
Tres mortos ao bater un camión e turismo en Ágreda (Soria)
O accidente produciuse no quilómetro 5 da estrada autonómica CL-101, tramo que permanece cortado

G24.gal
29/03/2024 13:43
Tres persoas morreron nun accidente de tráfico ocorrido este venres na estrada autonómica CL-101, no termo municipal de Ágreda, en Soria, ao bater un camión e un turismo, segundo informou a Subdelegación do Goberno na provincia.
Segundo estas fontes, o accidente produciuse ás 12:35 horas, no quilómetro 5 da CL-101, no termino municipal de Ágreda.
A vía está cortada e están establecidos desvíos sen que se coñezan polo momento as causas do sinistro.