Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres millóns de lámpadas de baixo consumo iluminan o Nadal da Coruña

Tres millóns de lámpadas de baixo consumo iluminan o Nadal da Coruña

Un mercado de artesanía substitúe o clásico poboado en María Pita

G24.gal 03/12/2022 21:16 Última actualización 03/12/2022 21:26

A Coruña deulle a benvida ao Nadal. O Obelisco volveu ser o lugar escollido para o acendido das luces, que este ano protagonizaron cinco nenas escollidas ao azar. Elas foron as encargadas de premer o botón que inaugurou as festas.

Tres millóns de bombillas de baixo consumo xa iluminan a cidade, as rúas do centro e tamén as de cada barrio. Na Mariña, a bóla de doce metros, este ano rosa, volverá ser un dos espazos máis transitados e fotografados ata o seis de xaneiro.

Na praza de María Pita, un mercado de artesanía substitúe o clásico poboado de Nadal. Por diante, máis dun mes de celebracións luminosas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos