Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atrinchéirase cun machete e ameaza de morte os seus veciños de Coia

Atrinchéirase cun machete e ameaza de morte os seus veciños de Coia

O home de 45 anos é moi coñecido no barrio vigués por conflitivo, ademais de ter problemas psiquiátricos e de drogas

G24.gal 22/09/2022 13:57

Espectacular despregadura policial no barrio de Coia en Vigo para reducir un home que se atrincheirou na súa vivenda cun machete e ameazou de morte a toda a veciñanza.
A Policía conseguiu botar a porta abaixo e esposalo, aínda que non o detivo, e foi trasladado á área de psiquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro.

No operativo participaron as Policías Nacional e Local e os Bombeiros. O home de 45 anos é moi coñecido no barrio por conflitivo ademais de ter problema psiquiátricos e de drogas. A Policía Nacional precisou esta mañá que non está detido e que aínda permanece na unidade psiquiátrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade