Tres feridos nunha colisión entre dous coches no Pereiro de Aguiar
Foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con feridas de diversa consideración
Imaxe do accidente na OU-536 / Garda Civil
Unha colisión entre dous coches no municipio ourensán no Pereiro de Aguiar, na estrada OU-536, deixou tres persoas feridas de diferente consideración.
Aconteceu ás 14:25 horas no quilómetro 11,300 desta estrada que une Ourense con Trives. Foi precisa a evacuación dos feridos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Ata o lugar desprazáronse dúas dotacións de bombeiros, unha ambulancia do 061, un retén de limpeza e conservación da vía, así como unha patrulla de motoristas e un equipo de investigación de sinistros viarios do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense.
A Garda Civil de Ourense insiste en que coa calzada mollada e en caso de choiva intensa débese aumentar a distancia de seguridade e levar acendidas as luces de cruzamento e/ou néboa, ademais de evitar as manobras bruscas, reducir a velocidade e comprobar que os pneumáticos están en bo estado.