Un condutor ebrio atropela dous gardas civís que regulaban o tráfico tras un accidente en Vigo
Dous axentes de tráfico que acudiron sinalizar un primeiro sinistro entre dous coches e un camión foron feridos ao bater outro vehículo co seu coche
Dous axentes da Garda Civil foron atropelados este mércores por un turismo cando estaban a sinalizar os accesos á AP-9 para poder organizar o tráfico debido ás retencións provocadas por un accidente rexistrado á saída do aeroporto de Vigo. Ese primeiro accidente entre un camión e dous turismo ocasionara un ferido.
Posteriormente, un condutor que non de decatou da presenza dos axentes na zona acabou impactando contra eles, razón pola cal foron derivados a un centro hospitalario, segundo informou o instituto armado.
O turismo causante do choque envorcou e o vehículo que utilizaban os gardas tamén sufriu danos materiais.
Por agora, descoñécese o alcance das lesións dos axentes. O condutor do turismo deu positivo na proba de alcolemia.