Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres empresas galegas que fabrican guindastres mariños están á cabeza do sector en España

Tres empresas galegas que fabrican guindastres mariños están á cabeza do sector en España

Entre as tres empresas facturan uns 40 millóns de euros por ano e contan con 200 traballadores

Son empresas familiares ubicadas na comarca do Deza que comezaron dedicadas á maquinaria e apeiros agrícolas

Apostan por un producto adaptado ás necesidades do cliente ao que se incorporan as últimas tecnoloxías

G24.gal 29/03/2026 12:15 Última actualización 29/03/2026 12:36

Son empresas que lideran o sector dos guindastres para traballos de pesca en toda España e mesmo exportan boa parte da súa producción ao estranxeiro. O paradoxo é que as tres están ubicadas no interior de Galicia: en Silleda, Vila de Cruces e Lalín, porque comezaron a súa actividade centrada na maquinaria e apeiros agrícolas. Empresas familiares que se especializaron cos anos.

"Os guindastres mariños úsanse para acuicultura, para barcos do cerco, arrastreiros e remolcadores. Un guindastre especializado para cada cliente.", explica Daniel Fuerte, responsable de Grúas Fuerte.

A clave do seu éxito está en adaptar o producto ás necesidades do cliente.

"A fase de oferta ten a súa personalización. Hai unha colaboración moi directa entre o departamento comercial e o departamento de enxeñería para estudar as necesidades do cliente. De aí sae o mellor producto axustado ás necesidades do cliente.", di o director de enxeñería de Industrias Guerra, José Luis Mato.

A calidade, a aposta polas últimas tecnoloxías e a especialización está a levar os guidastres galegos por todo o mundo.

"Exportamos para case todo o mundo. Agora mesmo temos na liña de fabricación encargas para Países Baixos, para Chile e para os Estados Unidos.", afirma Jose Toimil, responsable de Hermanos Toimil.

Empresas punteiras a nivel inernacional que naceron no rural galego e agora contribuén a fixar poboación e atraer talento.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade