Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres días de música na X edición do Surfing the Lérez 2022 en Pontevedra

Tres días de música na X edición do Surfing the Lérez 2022 en Pontevedra

G24.gal 25/06/2022 21:22 Última actualización 25/06/2022 21:49

O Surfing The Lérez, o festival musical solidario e gratuíto que se celebra desde hai dez edicións na Illa das Esculturas en Pontevedra recuperou seu esplendor despois de dous anos de ausencia pola pandemia.

Neste 2022 o cartel volveu ser 100 % galego con 40 artistas. Nun dos tres escenarios os alumnos da escola Estudio Bonobo, nenos de entre os oito e os trece anos, interpretaron os seus propios temas de rock. 

Os dous escenarios principais soan a rock and roll sen parar. Boyanka Kostova ou Terbutalina acaparan a atención dos festivaleiros. Nun terceiro palco comezaba música de Chicles de piedra, un dos grupos tutelados pola escola de artes Estudio Bonobo, os responsables de meterlles a música no corpo ás novas xeracións pontevedresas.  

En parte toda esta bagaxe musical, sendo tan novos os músicos, está apoiada no Estudio Bonobo. Hoxe en Surfing the Lerez cantan temas propios pero tras deles hai versións e coñecemento musical desde Radiohead, Hot Chilly Peppers ou Vetusta Morla. 

O Surfing the Lérez é un evento familiar no que pais e fillos poden estar nun mesmo festival. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar