Catro cruceiros coinciden en Galicia con máis de 12.500 persoas
Tres cruceiros fan escala na Coruña con 8.300 persoas
O próximo día 28 volverá repertirse unha tripla escala na cidade, e o 12 de agosto, coa eclipse, chegarán nove
Vigo agarda acadar un novo récord de escalas de cruceiros e pasaxeiros o ano que vén
Este venres xa están atracados tres transatlánticos en distintos puntos do porto da Coruña. Son o Norwegian Sky, o Aidabella e o Arcadia, que viaxan con 6.300 turistas a bordo, aos que se suman os case 2.000 membros das tripulacións.
En total, máis de 8.000 persoas que aproveitarán a xornada para coñecer a cidade e gozar do bo tempo que hoxe se agarda na Coruña. A de hoxe non será unha xornada excepcional neste mes de abril. O próximo día 28 volverá repertirse unha tripla escala na cidade, aínda que desta volta serán 12.000 os visitantes que chegarán á Coruña.
O porto xa se prepara para o gran día que será o 12 de agosto coincidindo coa eclipse solar. Nesa xornada, e nas horas previas, A Coruña recibirá un total de 9 cruceiros, un fito histórico para o que está previsto un dispositivo sen precedentes no porto.
Vigo agarda acadar un novo récord de escalas de cruceiros e pasaxeiros o ano que vén
O porto de Vigo agarda acadar un novo récord de escalas de cruceiros e pasaxeiros o ano que vén. Esta semana, unha delegación participa nunha das feiras máis importantes do sector en Miami.
Dende os Estados Unidos o presidente do porto de Vigo, Carlos Botana, anunciou que en 2027 agardan superar as 130 escalas de transatlánticos e os 310.000 pasaxeiros. Son seis escalas máis das previstas para este ano e un incremento duns 4.000 visitantes.
Hoxe mesmo fai escala inaugural en Vigo o Liberty of the Seas, un barco con capacidade para 4.300 pasaxeiros e onte mesmo eran dous grandes buques os que compartían espazo no porto.
Abril consolídase como un dos mellores meses do ano con 17 escalas previstas, soamente o vindeiro venres coincidirán outros tres transatlánticos na cidade.
Para ofrecer experiencias máis sostibles, o porto propón un itinerario que une o visor submarino Nautilus, cos peiraos do Solpor, o Museo do Mar e as illas Cíes.