Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres ciclistas feridos graves en Navarra, atropelados por un condutor bébedo que se deu á fuga

Tres ciclistas feridos graves en Navarra, atropelados por un condutor bébedo que se deu á fuga

A Policía Foral de Navarra detivo o home tras dar positivo con taxa penal na proba de alcolemia

Os ciclistas circulaban nun grupo de cinco na N-134, pola localidade navarra de Cadreita

 

Vehículo implicado no atropelo en Navarra Vehículo implicado no atropelo en Navarra
G24.gal 30/04/2023 14:02

Tres ciclistas que circulaban nun grupo de cinco quedaron feridos, dous deles graves e un moi grave, tras seren atropelados á altura da localidade navarra de Cadreita por un turismo.

Dous dos feridos foron trasladados graves ao hospital Reina Sofía de Tudela e o terceiro, en estado moi grave, foi evacuado en helicóptero ao complexo hospitalario de Navarra, en Pamplona.

O vehículo levou por diante os deportistas cando circulaba en sentido a Tudela, cruzou ao carril contrario nunha curva e sorprendeu o grupo. Dous deles lograron evitar o turismo.

O condutor, que se deu á fuga nun primeiro momento, tivo que parar ante unha patrulla da Policía Foral. Sometérono a unha proba de etilometría, que deu unha taxa penal de alcol.

Segundo informou a Policía Foral, o suceso ocorreu ás 09:20 horas no quilómetro 25 da estrada N-134 , Eixe do Ebro, por onde circulaba o grupo de ciclistas.

Ata o lugar acudiron patrullas de Tráfico e de Atestados da Policía Foral, encargada das dilixencias que se remitirán ao xulgado, mentres que un equipo médico e un helicóptero fixéronse cargo da atención aos feridos, xunto a efectivos de Bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade