Tres avarías nunha semana nun ascensor urbano de Vigo
Os ascensores de Torrecedeira e de Camelias son os que máis fallan
O Vigo vertical encheu a cidade de ramplas e ascensores, pero non todos van ben. Un dos que máis fallan é o que comunica Torrecedeira con Marqués de Valterra. Na última avaría varios usuarios quedaron pechados no ascensor durante máis de media hora.
Nunha cidade inzada de costas e desniveis os ascensores urbanos de Vigo resultaron ser unha boa opción. O problema é que algúns deles fallan acotío. O que comunica Torrecedeira con Marqués de Valterra é dos que máis fallan. Cando non funcionan hai que dar un bo rodeo o que supón un grave trastorno para as persoas de escasa mobilidade ou que van co tempo xusto para entrar ao traballo ou os centros educativos da zona.
Na zona superior da cidade está o primeiro ascensor de Vigo que complementa este e conecta a avenida das Camelias con Menéndez Pelayo que é tamén un dos que máis falla da cidade. Os veciños falan de falta de mantemento. Ademais son estruturas que sofren pola humidade e a súa relativa proximidade ao mar.