Cargando resultados...
Trece mortos ao envorcar un autobús no estado mexicano de Xalisco
Trece mortos ao envorcar un autobús no estado mexicano de Xalisco
Outras 20 persoas quedaron feridas, algunhas delas de gravidade, e foron trasladadas a hospitais locais

G24.gal
20/05/2022 08:03
Trece persoas morreron ao envorcar un autobús nunha estrada local do estado mexicano de Xalisco, na costa oeste do país.
Outras 20 persoas quedaron feridas, algunhas delas de gravidade, e foron trasladadas a hospitais locais.
O autobús accidentado transportaba traballadores dunha empresa produtora de amorodos.
Segundo algunhas testemuñas, o vehículo quedou sen freos nunha baixada e bateu de fronte contra o noiro situado á beira da estrada.