Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trece feridos leves tras caer un falso teito do auditorio do Parque de Atraccións de Madrid

Trece feridos leves tras caer un falso teito do auditorio do Parque de Atraccións de Madrid

O recinto pechou ao público e a policía municipal investiga as razóns da caída do teito da sala 

G24.gal 19/02/2022 17:32

Un accidente no Parque de Atraccións de Madrid causou trece feridos leves, aínda que oito deles tiveron que ser trasladados ao hospital como consecuencia da caída parcial do teito do auditorio, onde se celebraba un acto privado sobre educación.

Os Bombeiros de Madrid revisaron a instalación e aseguraron a zona para evitar máis desprendementos, mentres a Policía Municipal encárgase da investigación. Descoñécense as causas polas que o teito de pladur colapsou. Os feridos son todos adultos. O parque pechou ás portas ao público esta tarde

No auditorio que ten capacidade para máis de 1.800 persoas celebrábase un congreso educativo, a asemblea dos Colexios Gredos San Diego. Dos trece feridos, o Samur trasladou oito persoas á Fundación Jiménez Díaz con policontusións leves e ataques de ansiedade.

O xefe de garda de Samur-Protección Civil explicaba no lugar que acudiron ao lugar ante " un derrube parcial do auditorio do recinto" atendendo 13 persoas.

"Das que oito precisaron traslado hospitalario. En principio son pacientes leves" indicaba o sanitario

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade