Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan aos fogares os talleres de Entroido para evitar contaxios

Trasladan aos fogares os talleres de Entroido para evitar contaxios

Antonio Sousa, veciño de Sande (Cartelle), elabora no seu salón as máscaras das bonitas

Confían en poder celebrar o Entroido aínda que se supriman os actos máis masificados

Antonio Sousa recortando unha cara de bonita
G24.gal 24/01/2022 20:54

Aínda coa dúbida de como será o Entroido deste ano, hai que estar preparados para cando chegue o momento. Os de Cartelle traballan na elaboración das máscaras das bonitas, iso si, fano nas súas casas para evitar contaxios. 

Entre as mans experimentadas de Antonio, as facianas das Bonitas van collendo forma. Desta vez ocúpase el dos novos encargos. No salón da súa casa, sobre a mesa do comedor, un obradoiro "para conviventes". Confía en que o Entroido si se poida celebrar.

"Estamos facendo 11 ou 12 traxes máis, debe haber uns 60 e pico xa. A xente está animada a poñelos, así que a ver como evoluciona. Pero eu penso que si que vai haber Entroido", explica Antonio Sousa, un dos responsables da recuperación do entroido tradicional de Sande.

No Entroido de Sande hai oso, hai vaca e hai avutardas. Pero as Bonitas son o personaxe central, cos seus mantóns traídos orixinalmente de Manila polos emigrantes, e que as facían tan bonitas como o nome indica.

"E na man leva as luvas e unha vara de vimbio coa que apartaba a xente para que fixeran sitio", engade Antonio.

Futuro

Este Entroido tradicional sobreviviu á guerra pero non á ditadura. Recuperárono hai vinte anos e vai a máis en cada nova edición. 

"Hai aí para facerlle a 3 ou 4 nenos, que é o importante, que haxa relevo xeracional", conclúe Antonio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos