Trasladado a Vilargarcía o narcosubmarino para a súa investigación e custodia
Trasladado a Vilargarcía o narcosubmarino para a súa investigación e custodia
O somerxible ten cinco compartimentos e estaba preparado para levar tres ou catro tripulantes e ata cinco toneladas de cocaína
Da instrución do caso encárgase o xulgado número 2 da capital arousá
Unha vez varado e baleirada a auga que lle quedaba dentro, no porto do Xufre, na Illa de Arousa, o narcosubmarino, o Poseidón, deixou á vista as súas características.
De fabricación caseira, as condicións son insalubres pola falta de espazo e polos gases que se xeran. Os 20 metros de eslora divídense en cinco compartimentos. O número de tripulantes calcúlase que pode ser de tres ou catro.
Ten capacidade para transportar cinco toneladas de cocaína, que alcanzarían un valor de 75 millóns. Na popa o compartimento do motor estaba illado con chumbo para evitar ser detectado mediante dispositivos infravermellos.
O narcosubmarino foi trasladado coa axuda dun camión articulado ata Vilagarcía, onde permanecerá á disposición do Xulgado de Instrución numero 2, que é o que se encarga do caso.