Cargando resultados...
Tras un xaneiro moi seco os ríos de Ourense están un 70 % máis baixos do normal
O río que máis preocupa é o Limia, ao seu paso por Xinzo está un 90 % por debaixo da media histórica de xaneiro
O río Avia, en Leiro, leva menos da metade de auga.
G24.gal
03/02/2022 14:55
Os ríos de Ourense levan moi pouca auga, están un 70 por cento por baixo da media histórica. E é que o mes pasado foi moi seco, o xaneiro máis seco dende hai dez anos.
Segundo Meteogalicia, moitas comarcas ourensás acadaron os valores máis baixos de precipitacións en Galicia, nalgunhas localidades do sur e do leste da provincia non se acumularon en xaneiro nin 5 litros por metro cadrado.