Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes inicia a redacción do estudo para conectar Lugo con Santiago por tren

Transportes inicia a redacción do estudo para conectar Lugo con Santiago por tren

"Avaliaranse distintas alternativas e a viabilidade socioeconómica en función da demanda e a redución de tempos de viaxe”, explica o Ministerio

G24.gal 20/03/2025 13:53

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inicia a redacción do estudo de viabilidade para conectar por tren as cidades de Lugo e Santiago de Compostela, cuxo contrato foi formalizado por un importe de 357.857 euros .

Segundo informou o propio Ministerio nun comunicado, os traballos permitirán analizar o reforzo da conectividade entre ambas as cidades, mediante unha nova variante que enlace a liña León-A Coruña co Eixo Atlántico de Alta Velocidade e permita lograr unha conexión máis eficiente entre Lugo e as principais cidades galegas da cornixa atlántica.

A realización dese estudo foi encargada á UTE que forman Tema Ingeniería e Fulcrum Planificación, Análisis y Proyectos.

En principio, está previsto que a elaboración do estudo se desenvolva en dúas fases, de modo que na primeira os redactores elaborarán un informe de mobilidade en Lugo para analizar os fluxos de viaxeiros, identificar necesidades e estimar a demanda de novos servizos ferroviarios.

Posteriormente, nunha segunda fase, definirase o novo trazado, que incluirá tanto a variante como melloras na infraestrutura existente.

Con esa información, explica o Ministerio, avaliaranse distintas alternativas e a súa viabilidade socioeconómica en función da demanda e a redución de tempos de viaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade