Traballadores de Renfe e Adif piden melloras nos servizos
Concentráronse diante da estación de tren de Ourense
Coincidindo coas primeiras viaxes comerciais do AVE entre Galicia e Madrid, traballadores do Adif e de Renfe concentráronse na estación de tren de Ourense.
Protestan pola falta de persoal en Galicia e piden que se melloren os servizos e se restablezan os que había antes da pandemia, tanto en trens rexionais como de proximidade e nocturnos. Denuncian que se están desatendendo as zonas máis desfavorecidas, suprimindo frecuencias e persoal.
"A ninguén lle escapa que, coa chegada do AVE, víronse tocados os horarios de longa distancia, de media distancia... A prioridade é enlazar o AVE cos demais servizos cando en Galicia o 93 % dos usuarios son de rede convencional", explica Pedro Cano, presidente do comité de empresa do Adif na Coruña.