Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing, á busca da súa mellor versión en Tenerife (mañá, 21 h)

O Rácing, á busca da súa mellor versión en Tenerife (mañá, 21 h)

Raúl Blanco causa baixa para o partido por unha fractura no talón

G24.gal 10/05/2025 13:53

O Rácing de Ferrol xoga mañá en Tenerife. Sempre co propósito de tratar de dar o máximo. 

Tralo adestramento desta mañá o equipo ferrolá marchou cara á illa. Alí xogan mañá ás nove cun Tenerife que ten pé e medio na primeira RFEF. O seu descenso pode quedar certificado esta xornada.

O Rácing engade ás ausencias xa coñecidas a de Raúl Blanco. Unha proba determinou unha rotura dun óso no talón. Alejandro Menéndez insistiu hoxe na necesidade de facer ben as cousas pensando no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade