Publicador de contidos

Publicador de contidos

Topan na Ramallosa o cadáver do home desaparecido en Gondomar

Topan na Ramallosa o cadáver do home desaparecido en Gondomar

O corpo de Albano Manso, de 48 anos, apareceu no esteiro da Foz

O operativo de busca estendérase aos concellos veciños

 

G24.gal 29/01/2023 16:20 Última actualización 29/01/2023 20:38

A baixada da marea deixou ao descuberto o corpo sen vida de Albano Manso preto das tres da tarde. Estaba boca abaixo no esteiro da Foz, onde desemboca o río Miñor na súa viaxe cara ao Atlántico. 

Unha veciña alertou os servizos de urxencia. Membros de Protección Civil de Gondomar e dos bombeiros de Nigrán trasladaron o corpo ata o paseo onde foi identificado. 

dispositivo de busca deste veciño de Gondomar, desaparecido hai nove días, estendérase aos municipios lindeiros.

Investigación aberta

O sarxento do posto da Garda Civil de Gondomar, Álvaro Domínguez, está á fronte do caso. A investigación contaba con moitas incógnitas dende un principio. 

O home desaparecera o xoves pero un testemuño situouno en Baiona o venres. O seu pai e a súa nai perdéranlle a pista o 19 de xaneiro. Deixáralles a comida feita e despediuse deles.

Só levou o DNI, nin cartos, nin tarxetas nin teléfono móbil. Nestes nove días non houbo movementos nas súas contas bancarias.

Agora ábrese unha nova fase na investigación tras a localización do corpo na Ramallosa, no concello de Nigrán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade