Cargando resultados...
Toni Nakic, un diamante que tentará puír o Breogán
Ala de 23 anos, que chega procedente do Cibona co que foi o mellor xogador das finais da liga croata
G24.gal
05/07/2022 19:39
O Breogán segue armándose para a temporada 22-23. Desta volta anunciou a fichaxe dun prometedor ala croata, Toni Nakic. Mide 196, ten 23 anos e xogaba na Cibona de Zagreb. Con este equipo proclamouse campión da última liga croata en que foi nomeado o mellor xogador das finais.
Nakic naceu na localidade de Sibenik, a mesma de Drazen Petrovic, club en que se formou ata que en 2020 pasou a formar parte da Cibona. Foi internacional croata en todas as categorías e vén coa recomendación do técnico breoganista Veljko Mrsic.
Benvido ao Río Breogán Toni Nakic! #ForzaBreo https://t.co/xdO4cHWYyq pic.twitter.com/xb0Ko9a6gJ
— Río Breogán (@CBBreogan) July 5, 2022