Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Adif quere que se admita como proba un vídeo que responsabiliza o maquinista do accidente de Angrois

O Adif quere que se admita como proba un vídeo que responsabiliza o maquinista do accidente de Angrois

G24.gal 04/10/2022 15:15

Últimos preparativos na Cidade da Cultura na véspera de que comece un dos maiores xuízos da historia de España. A expectación é máxima. Un total de 30 medios de comunicación están acreditados para seguir as declaracións dos dous acusados, o maquinista do Alvia e o director de seguridade do ADIF. Piden para cada un deles catro anos de cadea por 80 delitos de homicidio por imprudencia grave e 145 de lesións. Ademais pasarán pola sala máis de 600 testemuñas e peritos que responderán ante a xuíza do penal nª 2 de Santiago que será a encargada de ditar sentenza.

Unha das primeiras decisións da maxistrada será se acepta como proba un vídeo presentado polo ADIF hai uns días. O documento recolle imaxes do percorrido do Alvia gravadas desde outro tren sobre as que se escoita a conversa telefónica do maquinista co interventor. A defensa de Francisco José Garzón xa anunciou que vai impugnar unha proba que consideran manipulada co único fin de culpar o maquinista. Unha opinión que comparte a plataforma de vítimas do Alvia.

O xuízo arrincará ás nove e media da mañá do mércores e prolongarase arredor de nove meses, ata cerca do mes de xullo de 2023. Quedará vista para sentenza unha traxedia que levou por diante 80 vidas e deixou 144 persoas feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade