Tito Díaz: "Somos conscientes dos obxectivos e da realidade"
Tito Díaz: "Somos conscientes dos obxectivos e da realidade"
O Breogán presentou os pivotes Agravanis e Diouf
O Breogán estréase o domingo co Baskonia. Hai expectativas altas no equipo lucense. Pero Tito Díaz advirte de que no Breogán son conscientes da realidade.
"No Pazo non nos consideramos superiores a ninguén".
"As expectativas están altas. Somos conscientes dos obxectivos e da realidade".
"O obxectivo é que o equipo compita ao máximo".
Mentres, o conxunto lugués presentou o grego Agravanis, antigo xogador do Panatinaikos. Agravanis adestrouse estes días con precaución por molestias musculares. Vén para ocupar a praza de Nakic. Tamén presentou a Diouf, a promesa italiana de vinte e un anos e dous once que xogou o mundial con Italia e que militaba no Regio Emilia. Xogou a competición europea, BCL, que disputará o Río Breogán.