Tito Díaz: "O Breogán está doído coa marcha de Olmos. Non podemos pagar o que non temos"
"No novo adestrador hai un reto: non mudar nada"
Paco Olmos despediuse onte do Breogán para fichar por Burgos
Paco Olmos despediuse onte do Río Breogán. O técnico comunicou a última hora do domingo a súa decisión de deixar a entidade xa que ten unha oferta irrexeitable do Burgos.
Esta mañá Tito Díaz compareceu ante os medios de comunicación para explicar o punto de vista da entidade luguesa.
"O Breogán está doído. Ninguén coñecía antes a Paco. Fíxenlle un equipo inigualable. Se che digo o que penso... Non podemos pagar o que non temos, barbaridades que me din. É un golpe duro. Confiamos no que hai".
O director deportivo falou da situación do vestiario e do perfil do novo adestrador.
"No novo adestrador hai un reto: non mudar nada. Ten que vir con humildade e sabedoría. Sumar e manter. Isto funciona e hai que respectalo. Por riba de todo ten que traer ilusión".
"Estiven cos xogadores e queren facer historia. Teñen o noso apoio".
Esta mañá Paco Olmos despediuse da afección cun carta.
Paco Olmos: "Non espero que me entendades, iso é complicado e non estou en disposición de esixirvos nada. Levareivos sempre no corazón".
— Paco Olmos (@olmos_paco) January 10, 2022