Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tirapuxa entre o Goberno e o PP á conta da rebaixa do IVE nos alimentos

Tirapuxa entre o Goberno e o PP á conta da rebaixa do IVE nos alimentos

O executivo central confía en que a medida resulte eficiente

O PP pide que se aplique tamén á carne, ao peixe e ás conservas

G24.gal 04/01/2023 14:39

O Goberno confía en que a redución do IVE aplicada en certos produtos básicos alivie a situación das familias máis vulnerables. Díxoo este mércores a voceira do executivo, quen tamén aproveitou para defenderse das críticas da oposición.

"Algúns buscan o ruído e a confrontación mentres outros apostamos pola política útil que transforma e mellora a vida da xente, que dá tranquilidade aos traballadores", asegurou Isabel Rodríguez.

Segundo o Partido Popular, as medidas adoptadas polo Goberno resultan insuficientes. Para Elías Bendodo, coordinador xeral do PP,  "o que che dá cunha man quítacho coa outra", porque o mesmo día que entrou en vigor a rebaixa do IVE tamén se retirou a subvención de 20 céntimos o litro de gasolina para todos os usuarios.

Os populares celebran a baixada do IVE; de feito, cren que Pedro Sánchez copiou, parcialmente, as súas propostas. Aínda así, pídenlle que "copie ben" e que baixe tamén o IVE da carne, do peixe e das conservas. Reclaman, ademais, que se lles desconten 20 céntimos nos carburantes aos autónomos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade