Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BOE publica a situación excepcional en Ceuta e os espazos para acoller migrantes

O BOE publica a situación excepcional en Ceuta e os espazos para acoller migrantes

O decreto establece un mando único e un comité de crise, cunha vixencia prevista ata o 31 de decembro 

G24.gal 26/08/2026 09:20

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o real decreto que declara a situación de interese para a Seguridade Nacional en Ceuta, ante a crise migratoria que está a superar as capacidades ordinarias de xestión, acollida, asistencia e seguridade da cidade. 

A medida establece unha Autoridade Funcional, encabezada polo ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctori Torres, que coordinará os recursos mobilizados en Ceuta e impulsará as medidas necesarias para garantir os servizos esenciais. 

O Consello de Seguridade Nacional asumirá as funcións de dirección e coordinación da crise, mentres que o decreto obriga ás administracións, organismos e entidades públicas a colaborar achegando os medios humanos e materiais dos que dispoñan. 

A declaración estará vixente, ata o 31 de decembro, aínda que poderá prorrogarse se fose necesario ou finalizar antes en función da evolución da situación. O decreto tamén contempla a posibilidade de ampliar o seu ámbito máis alá de Ceuta. 

A norma inclúe ademais o listado de instalacións destinadas á acollida de migrantes e prevé a participación dos distintos ministerios para facer fronte á crise e garantir a continuidade dos servizos púbicos na cidade autónoma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade