Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intercambio de acusacións entre PSOE e PP polos casos de corrupción

Intercambio de acusacións entre PSOE e PP polos casos de corrupción

Os mossos sinalan que Montoro era socio do seu despacho despois de que Mariano Rajoy o nomeara ministro de Facenda

G24.gal 21/07/2025 14:35

Os investigadores do caso Montoro cren que seguiu sendo socio da súa consultora cando xa era ministro. Os mossos d'Esquadra sinalan que hai anomalías na transmisión da titularidade do despacho e que Montoro era socio de feito despois de que Mariano Rajoy o nomeara ministro de Facenda.

A investigación tamén revela que Montoro nomeou entre os seus altos cargos persoas vencelladas a Equipo Económico. Os mossos atribúen a Montoro un "rol nuclear" na organización pola súa capacidade dende o Goberno de influír xa xestión lexislativa.

A corrupción foi esta mañá un tema recorrente nas comparecencias dos distintos partidos. Félix Bolaños sinalou que o caso Montoro, se se confirma, "é gravísimo". Dende o PP, Ester Muñoz ve o Goberno moi nervioso.

O Goberno pide que deixen traballar a Xustiza ante a investigación do caso Montoro.

"De se confirmaren", dixo Félix Bolaños, "son feitos gravísimos".

Unha gravidade que comparten en Sumar e que din que van traballar para "acabar coa corrupción, veña de onde veña", asegurou Ernest Urtasun.

O Partido Popular di que "se investigue, que se chegue ata o final e si alguén cometeu un delito que sexa condenado". Pero os populares tamén ven ao Goberno moi nervioso e preocupado polas informacións que falan da presión por parte de mandos da Garda Civil aos axentes da UCO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade