Cargando resultados...
Tests de saliva nas farmacias para cribar os colexios con máis casos de covid en Ourense
Preto de 1.800 alumnos están convocados a realizar estas probas
Os centros afectados están na capital, en Barbadás e en Allariz
G24.gal
01/12/2021 14:29
O incremento de casos nos centros educativos de Ourense levou o Sergas a ofrecer a posibilidade de facer un cribado a través de test de saliva nas farmacias.
A iniciativa está dirixida, polo de agora, aos catro centros que contan con máis contaxios: Salesianos e Maristas en Ourense, Filomena Dato en Barbadás e Padre Feijoo en Allariz.
O cribado está aberto a preto de 1.800 alumnos. As mostras recóllense na farmacia, coa tarxeta sanitaria do menor, e entregase tamén alí.
A data límite é este xoves. Os resultados tardarán entre 24 e 72 horas.