Galicia rexistra catro terremotos seguidos, un deles de 4,6 de magnitude
O terremoto notouse en terra
Un terremoto de magnitude 4,6 rexistrado no océano Atlántico fronte ás costas de Galicia na tarde deste xoves sentiuse en varios municipios galegos.
Segundo a información actualizada polo Instituto Xeográfico Nacional (IXN), este tremor sucedeu sobre as 15:44 horas con epicentro a tres quilómetros de profundidade no mar.
En varias localidades galegas, algúns veciños sentiron este sismo de magnitude 4,6 que fixo vibrar mesmo o mobiliario.
En Narón, en un segundo piso lo sentí.
— JuanM Perez Porto (@JuanMPerezPorto) January 27, 2022
He sentido un terremoto.
— iván ferreiro (@ivanferreiro) January 27, 2022
En Gondomar.
Alguien más?
Acaba de haber un terremoto en Santiago de Compostela ⁉️
— Carlos Vieito 💙 (@comumola) January 27, 2022
Pues sí que he sentido el temblor sobre las 15:45 cuando estaba tomando el café al terminar de comer, y la verdad es que me acongojó. 😟 #Terremoto #Galicia pic.twitter.com/dQLBavsBYM
— Gerardo Rey 👑 (@GerardoRey66) January 27, 2022
Hoy 2 sacudidas seguidas, la provincia de Pontevedra lleva 3 semanas temblando. #terremoto https://t.co/JHkZLgN2iK
— Marta Louzao Pereira (@MartaLouzao) January 27, 2022
Fontes do 112 Galicia indicaron que o servizo de emerxencias recibiu chamadas de veciños de localidades costeiras como Porto do Son, Ribeira, e Vigo, e de concellos do interior como Santiago, Ames e A Laracha, onde sentiron o tremor.
Previamente, ás 14:57 horas deste xoves rexistrouse outro terremoto de magnitude 3,7 no Atlántico fronte á costa da comunidade galega. No 112 Galicia manifestaron que, en principio, ata a data non teñen constancia de danos persoais nin materiais.
Ás 15:58 produciuse un terceiro sismo na mesma zona, con magnitude de 2.5 e unha intensidade máxima IV.
❓ Como sentiches ti o terremoto desta tarde? Cóntanos! 👇 E se queres saber como foi, preme aquí 👉 https://t.co/mlV3H51qCV pic.twitter.com/CtSBhcY7FX
— G24 (@G24Noticias) January 27, 2022