Cargando resultados...
Ledica Costas vén presentarnos o seu 'Soños de Lunaria'
‘Soños de Lunaria’ quere abrir un novo camiño na narrativa xuvenil presentándose como o primeiro ‘romantasy’ escrito en lingua galega
O libro, editado por Xerais, é o inicio dunha triloxía
G24.gal
29/09/2026 09:55
Última actualización 29/09/2026 10:11
A primeira fantasía é ver este libro, cunha edición de luxo, con cantos pintados que lembra aqueles grandes clásicos de aventura que liamos de pequenos, aqueles libros que ían pasando de mans en mans.
En Lunaria humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. De feito o protagonista desta aventura, Kiran, é fillo dun humano e dunha lince común, un universo con demasiados corazóns conxelados.
Neste universo que creou Ledicia hai cousas deste mundo real: hai amor, hai loita pero tamén hai desigualdade, o sistema dirixido por uns cantos dominantes.