Cargando resultados...
Un terremoto de forza tres en Mondariz sentiuse en varias localidades da contorna
Sentiuse noutras localidades do Condado e mesmo en Nigrán
G24.gal
30/03/2023 12:54
Na bisbarra do Condado moitos notaron o sismo rexistrado ás doce e vinte e cinco desta madrugada con epicentro en Mondariz e de magnitude tres. Algúns identificárono axiña e outros confundírono cunha treboada, un camión ou un animal.
O tremor produciuse a 20 quilómetros de profundidade e tamén afectou zonas de Ponteareas, Fornelos de Montes, O Covelo e mesmo Nigrán xa no Val Miñor.
Na localidade tamén atopamos a quen durmiu a perna solta e non se decatou ata esta mañá de que a terra se movera baixo os seus pés.