Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teresa Ribera afirma que a súa relación coa trama de hidrocarburos é "igual a cero"

Teresa Ribera afirma que a súa relación coa trama de hidrocarburos é "igual a cero"

A exministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, compareceu no Senado e explicou que só se viu unha vez con Aldama, pero nunha reunión co conselleiro delegado de Globalia, Javier Hidalgo

Ribera comparecendo no Senado. EFE
G24.gal 09/06/2025 12:12

A vicepresidenta da Comisión Europea para a Transición Limpa, Xusta e Competitiva, Teresa Ribera, asegurou este luns na comisión de investigación do caso Koldo no Senado que non está relacionada coa trama que se lucraba cun fraude do IVE de hidrocarburos.

Así declarou Ribera, comparecendo como exministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, respondendo a María Caballero, senadora de UPN, quen iniciou este interrogatorio na comparecencia 72 desta comisión de investigación. 

Ribera confirmou que o seu departamento si concedeu decenas de licenzas de hidrocarburos, entre eles un para a empresa Villafuel, mais que descoñecía os empresarios responsables destas empresas e tampouco estaba ao tanto de que algunhas destas creábanse para substituír a outras que non abonaran o imposto, pero si cobraran o IVE. 

A vicepresidenta confirmou que non foi ata que transcendeu a investigación xudicial que pediu información sobre as licenzas. Tamén afirmou que nunca falou con algún empresario ou intermediario sobre as licenzas de hidrocabruros: "Deste tema non falei con ninguén, con ninguén xamais". 

"Nunca xamais souben nada nin tiven nada que ver", afirmou Ribera.

Sobre se tivo reunións con Víctor de Aldama durante a pandemia, que el declarou no Tribunal Supremo, Ribera conta que só é consciente de velo unha vez na vida, e tivo que buscar nos arquivos de Secretaría para lembralo.

A vez da que fala a vicepresidenta foi o 1 de xullo de 2020, unha reunión no ministerio en que Aldama acudiu como acompañante do conselleiro delegado de Globalia, Xavier Hidalgo, para presentar un proxecto onde convertían lugares deshabitados en destinos turísticos, un proxecto que só era unha idea sen maior percorrido ca unha presentación en powerpoint e levaba o nome de 'Pueblos'.

A entón ministra si intercambiou logo mensaxes de WhatsApp con Aldama, pero en relación co proxecto, e nunca doutros asuntos, segundo as declaracións de Ribera.

Tamén negou ter coñecemento con antelación da chegada a Barallas da entón vicepresidenta venezolana, Delcy Rodríguez, e negou tamén recibir unha invitación de Aldama para unha cea.

Así mesmo, negou tamén que Begoña Gómez, muller do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, estivese presente tanto na reunión que tivo con Hidalgo sobre o proxecto 'Pueblos', coma en calquera outra dese tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade