Tere Abelleira agradece as mensaxes desde Galicia: "É un orgullo representar esta terra"
A pontevedresa está sendo unha xogadora determinante para Jorge Vilda
Teresa Abelleira, xogadora pontevedresa da selección española feminina de fútbol, expresou tras clasificarse para a final do Mundial de Australia e Nova Zelandia que están "a sentir moitísimo apoio desde España.
"Cada esforzo está a valer a pena e todo o que estamos a facer é brutal, xa estamos a falar dunha final", dixo en declaracións a TVE.
"Estamos a sentir moitísimo apoio desde España. Todos os días chégannos mensaxes", confesou.
"Agora acórdome moito da miña familia, que é quen está aí cada día, faiche mellor. Tamén aproveito para agradecer a todos os adestradores que tiven, que sempre me fixeron mellores, ás miñas compañeiras e amigas, que son as primeiras que a verdade confiaron en min. E ao final quédome con todo o bo das persoas coas que me crucei e hoxe podo estar aquí en parte grazas a eles", confesou a xogadora do Real Madrid.
A xogadora coa bandeira de Galicia explicou:
"Deuma a miña nai e eu son moi de casa, da terriña. Quero agradecer todas as mensaxes que me están chegando de Galicia e é un orgullo representar esta terra", explicou.
