Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tere Abelleira afrontará un reto Mundial o domingo diante de Inglaterra

Tere Abelleira afrontará un reto Mundial o domingo diante de Inglaterra

"Temos que ter moita ilusión pero non perder a perspectiva de que é un partido máis", comentou a pontevedresa

G24.gal 17/08/2023 21:57

Tere Abelleira está cumprindo un soño. Xunto co resto das súas compañeiras da selección española conta as horas para xogar a final do Mundial diante de Inglaterra. 

Non perde o foco nin dentro nin fóra do Mundial, unha competición que pode marcar un antes e un despois no fútbol feminino tal e como recoñece a centrocampista pontevedresa: "Deu un paso adiante ao fútbol feminino pola organización e visualización. Non podemos volvernos tolas na final nin facer nada extraordinario. Coa ilusión do partido pero non deixa de ser un partido máis", comentou Tere Abelleira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade