Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceira reunión que remata sen acordo sobre o convenio: continúa a folga do metal en Cádiz

Terceira reunión que remata sen acordo sobre o convenio: continúa a folga do metal en Cádiz

G24.gal 23/11/2021 08:15

Non houbo acordo esta noite, por terceira vez, e sindicatos e patronal citáronse para o vindeiro mércores. A negociación do convenio colectivo do metal da provincia de Cádiz encallou no mesmo punto, tras cinco horas de reunión.

Os representantes dos traballadores esixen unha suba salarial conforme ao IPC. Os empresarios ofreceron unha suba fixa do dous por cento a tres anos cunha revisión ao final de 2023. Para o Goberno é importante pechar este convenio. 

Para este martes, oitavo día de paro do sector, hai prevista unha manifestación en Cádiz á que se sumou o sindicato de estudantes, tamén en folga, en apoio ao metal. Xa onte houbo outra, convocada en Alxeciras.

O luns da segunda semana de mobilizacións comezou con piquetes ás portas de Navantia, Dragados e Alestis e intentos de cortar estradas. Houbo un accidente de tráfico á entrada do porto de Alxeciras: un motorista morreu logo de bater contra un camión que estaba parado, segundo a Garda Civil, polas retencións causadas polos piquetes.

Pero foi o barrio de San Pedro, en Puerto Real, o principal escenario do conflito. Os veciños criticaron que a violencia se trasladase a unha zona residencial. Alí houbo unha auténtica batalla campal, encontronazos entre folguistas e antidisturbios, lanzamentos de obxectos, barricadas con colectores, cargas policiais... e incluso se despregou un vehículo blindado da Policía Nacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade