Cargando resultados...
Os contaxiados galegos poderán solicitar a terceira dose antes dos cinco meses
G24.gal
03/02/2022 15:03
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que Galicia vai abrir a vacinación para a terceira dose ás persoas que pasasen o coronavirus e queiran inocularse antes de que pasen os cinco meses que marca o último protocolo aprobado polo Ministerio de Sanidade, e que deixaba no limbo o pasaporte covid para moitos cidadáns.
"Imos citar esas persoas cando pasen os cinco meses, pero se algún deles quere voluntariamente vacinarse antes, dado que o protocolo permite facelo pasadas as catro semanas, pode chamar ao teléfono das vacinas do Sergas (981 54 00 45). A ese teléfono tamén poden chamar os que foron citados e no seu día non puideron ir por motivos laborais ou pesoais", explicou o presidente.