Cargando resultados...
Tentan sufocar un incendio forestal preto dunha urbanización en Ames
No dispositivo participan cinco motobombas e nove brigadas
G24.gal
16/04/2022 21:21
Cinco motobombas, unha pa, tres axentes e nove brigadas participan nos labores de extinción dun lume forestal rexistrado na parroquia de Covas, no concello de Ames.
O incendio, que afecta 17 hectáreas, está preto dunha urbanización. Segundo informa Medio Rural, comezou pasadas as 18:30 e nestes momentos continúa activo.