Publicador de contidos

Publicador de contidos

A debate: teñen futuro as tapas de balde?

A debate: teñen futuro as tapas de balde?

Son unha tradición e un imán de clientes, pero a algúns hostaleiros non lles dan as contas

Hai negocios que propoñen cobrar os petiscos seguindo o modelo de 'pintxos' de Euskadi

G24.gal 26/04/2022 14:56

"Se vou tomar unha cervexiña ao bar, gústame que me poñan tapa", di un veciño na rúa. E como a el, a todos. As tapas teñen un atractivo innegable. Onde dean boa tortilla, ensalada rusa ou callos haberá xente. O debate está en se ese petisco ao que estamos afeitos debería seguir sendo gratis.

Algúns hostaleiros din que non dan as contas, sobre todo coa suba dos prezos, e propoñen darlle unha volta ao negocio cobrando os petiscos como no País Vasco. 

Juan Manuel de la Cruz, directivo da Asociación de Hostalería de Pontevedra é partidario de poñelas en valor e cobralas. "O traballo non é gratis, detrás hai unha elaboración e un custo cada vez maior que non podemos levar enriba os hostaleiros", asegura.

Outros insisten en que se trata dunha decisión propia de cada hostaleiro, que terá que sopesar se lle compensa ter as tapas de balde como imán do negocio. 

Cheché Real, presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo, explica que "se retirasen as tapas gratis, a afluencia nos bares e restaurantes ao mediodía e á noitiña ía ser moitísima menor".

O que teñen claro estes hostaleiros é que as tapas non deberan ser toda unha comida de balde, senón un entrante para que preste a bebida e para animar os clientes a pedir despois unhas racións de pago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade