Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temporal en Nadal: chuvia xeneralizada en toda Galicia e vento do suroeste

Temporal en Nadal: chuvia xeneralizada en toda Galicia e vento do suroeste

Na Barbanza hai unha alerta laranxa activada ata as doce da noite por chuvia que pode superar os 80 litros por metro cadrado 

Un avión tivo que abortar a aterraxe no aeroporto de Santiago pola intensidade dos refachos

Un avión tivo que abortar a aterraxe en Santiago polos refachos de vento
G24.gal 23/12/2022 14:26

Temporal en Nadal. A Noiteboa chega con chuvias intensas sobre todo nas provincias atlánticas. A AEMET activou unha alerta laranxa na península da Barbanza por precipitacións que poden superar os 80 litros por metro cadrado.

O aviso dura ata as doce da noite. Diego Viaño, de O tempo da TVG, advirte do perigo das bategadas nas próximas horas, chuvias de curta duración pero moi fortes.

O vento do suroeste complicou a aterraxe dun avión no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. A partir do sábado os refachos irán perdendo forza.

A Noiteboa vén pasada por auga pero sen frío. As temperaturas mínimas andarán polos 10 graos en Santiago, Lugo ou Vigo e as máximas chegarán aos 18 en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar