Tempo de outono ás portas do verán
Despois da calor abafante da pasada semana, regresou a chuvia e o tempo fresco
Os cambios abruptos desaniman as compras da roupa de verán
De sempre a primavera foi inestable, pero este ano os vaivéns da estación están a ser especialmente abruptos.
Os 35 graos da pasada semana non eran normais para a época, pero tampouco o son os abrigos acolchados e as botas que hoxe pisaban os charcos da rúa.
Os comerciantes xa teñen os escaparates vestidos de verán, pero estes cambios repentinos desaniman as vendas.
Así que o mellor nestes días de cambios é tirar pola roupa de entretempo, poñer capas e estar preparados para imprevistos, como fan os peregrinos.
Semella que o tempo mellora cara á fin de semana. Pero non se confíen demasiado, xa saben o que di o refrán: ata o 40 de maio, mellor non quitar o saio.