Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Temperaturas propias do verán nas Rías Baixas
As xornadas serán solleiras nos próximos días
                            G24.gal
                        
                            03/10/2022 13:44
                        
                        
                        
                        
                    
                    Continúa nas Rías Baixas o verán de San Miguel. E con estas temperaturas e se o traballo o permite a praia, os paseos e almorzos ao carón do mar ou o deporte ao aire libre son para moitos a mellor opción.
Aproveitan esta prolongación do verán os da casa e moito máis os que nos visitan ou os que fan o Camiño.
Porén estas temperaturas máis propias do verán e a escaseza de chuvia tamén preocupa. Pois polo de agora o sol quedará con nós. Baixarán un pouquiño as temperaturas pero as previsións falan de xornadas solleiras para os próximos días.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
                