Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temperaturas históricas nun mes de xaneiro en Galicia

Temperaturas históricas nun mes de xaneiro en Galicia

As máximas superaron os 20 graos nas catro capitais galegas

G24.gal 01/01/2022 21:47

Nunca antes se vivira un comezo de ano tan cálido. A temperatura máis alta nun mes de xaneiro na Coruña rexistrárase en 1983. Daquela, superáranse os 21 graos. Hoxe, ás dúas da tarde, o termómetro subiu ata os 23. 

As demais capitais galegas rexistraron tamén temperaturas inéditas nesta época do ano. En Pontevedra superáronse os 23 graos, en Ourense os 22 e en Lugo os 21, cifras que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, son as máximas históricas do mes de xaneiro nas tres cidades.

Con temperaturas así, os abrigos podían levarse na man. Esa masa de aire cálido, segundo o prognóstico de Meteogalicia, vaise ir desprazando cara ao leste de Europa e as temperaturas volverán á normalidade dun mes de xaneiro a partir do martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade