Temperaturas de xullo e agosto en gran parte de España
O pico agárdase entre o xoves e o venres, con valores que van rozar os 40 graos no sur
Termómetros á alza nunha semana de calor excepcional en gran parte de España. Onde máis o notarán, en Andalucía, Murcia e Estremadura, onde a media en abril é de 23, hoxe poderían chegar aos 35.
E a calor irá a máis. O pico agárdase entre o xoves e o venres, con valores que van rozar os 40 graos, en Córdoba ou Sevilla, en plena Feira de Abril.
Cayetano Torres, xefe de Comunicación da Axencia Estatal de Meteoroloxía, explica que "son temperaturas entre 10 e 15 graos por riba do normal para esta época do ano. Co cal é un episodio bastante severo, de altas temperaturas e absolutamente anómalo para esta época do ano, do que non hai rexistros en máis de 40 anos".
O causante: o aire quente africano que deixa tamén moita calor no centro peninsular, onde se preparan xa para abrir piscinas
En Valencia o mercurio bate marcas de abril: ata 35 graos nalgúns puntos do interior da comunidade.
Son de xustiza de día e as noites tropicais. Volverán sobre todo na parte oriental de Andalucía, onde non baixarán dos 20 graos, tampouco en Murcia ou Albacete.