Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tebas carga contra Lendoiro: "Coa débeda que xerou tamén fago eu un gran club"

Tebas carga contra Lendoiro: "Coa débeda que xerou tamén fago eu un gran club"

G24.gal 12/09/2024 21:17

Nunha charla informativa, o presidente da Liga Javier Tebas deixou moitos titulares sobre os temas que tratou. Recoñeceu que Vinicius "sería un merecido Balón de Ouro porque se trata dun xogador diferente". Tamén falou das estrelas novas e emerxentes que ten a competición española como Mbappé, Julián Álvarez ou Lamine Yamal. "Non me preocupan movementos que fan outros clubs ou outros países". 

Por riba de todo, falou da economía dos equipos que forman a Liga de Fútbol Profesional. En especial, subliñou o caso do Barcelona: "Fixo un bo traballo na redución da débeda e da masa salarial e estase achegando á regra do 1:1", que tanto persegue Javier Tebas.

E conversando de economía quixo lembrarse do expresidente do Deportivo Augusto César Lendoiro. "Xerou máis de 90 millóns de euros de débeda coa facenda pública. Dese xeito tamén eu fago un gran club", comentou Tebas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos