Tebas bota máis leña no lume: "O Real Madrid quere o control do poder"
O presidente da Liga reaccionou á negativa do club branco a participar nos actos previos á disputa da final de Copa
Javier Tebas, presidente da Liga, reaccionou en X á negativa do Real Madrid a participar na rolda de prensa e adestramento oficiais e na cea previa á final da Copa do Rei. O motivo, o desencontro coa RFEF e co Comité Técnico de Árbitros logo das declaracións dos colexiados responsables de asubiar o partido, De Burgos Bengoetxea e Hernández Hernánez. Segundo Tebas, o Real Madrid "non protesta, mete presión. Non se queixa, ameaza. Non discrepa, castiga" e que "non quere mellorar o fútbol, quere o seu fútbol".
Segundo Tebas "isto non é fútbol, é control de poder. Non lle gusto eu porque non fago o que eles queren. Non lle gusta Ceferin porque non fai o que eles queren. Non lle gusta Louzán porque non fai o que eles queren". Deste xeito tan contundente meteu máis leña no lume un Tebas que entrou como vicepresidente da RFEF a carón de Rafael Louzán.