Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha compañía de Lugo propón teatro para nenos en defensa do aburrimento

Unha compañía de Lugo propón teatro para nenos en defensa do aburrimento

A Compañía Tarabela Creativa pídenos que paremos un momento

G24.gal 18/01/2026 20:48

A Compañía Tarabela Creativa pídenos que lle fagamos un espazo ao aburrimento, a través da obra que representa a actriz Mariña Pena.

A Tarabela ambulante: idea, unha obra de teatro centrada na importancia de que pequenas e pequenos gocen, tamén, aburríndose.

Enriba do escenario, Mariña consegue engaiolalos a todos a través dunha viaxe que fai axudada pola imaxinación e sen saír do seu cuarto.

Este é o segundo ano que a compañía Tarabela Creativa representa esta historia. Este domingo estiveron en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire, e o 24 de abril estarán en Boiro.

Tras unha vintena de representacións, está claro que a obra se orienta cara ao público infantil, pero tamén se dirixe dun xeito moi atinado aos maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade